|
Editorial Canela é a parte de Canela Producións adicada á publicación de textos en formato libro, libro con CD, libro con DVD e descarga dixital nesta web.
Ocupámonos de calquera tema da cultura popular, sen límites xeográficos
nin de contido, pero sempre tentando aportar novos datos, en edicións
inéditas sobor destes temas, que poidan aclarar ou complementar
publicacións anteriores e reedicións, ou edicións de fontes de difícil
acceso para o público en xeral.
Queremos que os nosos lectores reciban unha información tratada por
especialistas, de tal xeito que os datos sexan totalmente fiables e os
estudos rigurosos e documentados, sen rexeitar o enfoque divulgativo
que permita o acceso á información ó público en xeral.
Aspiramos a realizar edicións de calidade, coidadas e respetuosas, tanto co autor como co lector.
|