autores
canela
(Luarca, 1920)
|
Julio Antonio Fernández Lamuño naceu en Luarca (Valdés) o ano 1920.
Licenciado en Ciencias, sección Químicas, pola Universidade de Oviedo e
Perito Agrícola polo Instituto Nacional Agronómico de Madrid, estivo
durante varios anos á fronte da granxa agropecuaria experimental que a
Diputación de Oviedo creara en 1925 en Tineo.
Aparte de numerosas memorias e informes técnicos sobre cultivos e
gandería, escritos ó longo do tempo que permaneceu na granxa, durante
os anos 1958 e 1959 realizou, por encargo da Diputación, dous traballos
de campo para explorar as condicións agropecuarias de dúas comarcas do
occidente asturiano, cuxas conclusións plasmóu en tres tomos, inéditos
ata agora, ós que acoden numerosos investigadores en busca de datos
agrícolas, gandeiros, históricos e, sobre todo, etnográficos. Son o Informe sobre los concejos de Ibias y Degaña (abril de 1958), formado por dous tomos con 319 folios mecanografiados e multitude de fotografías, e o Informe sobre Los Oscos
(outubro de 1959) que agora se publica. Dez anos máis tarde, en
decembro de 1969, redactaría tamén outro traballo de 125 páxinas
titulado Notas sobre el concejo de Allande.
En outubro de 1986 ingresa no Real Instituto de Estudios Asturianos, ao cal pertence como membro emérito, e en xullo de 1992 é nomeado Fillo Adoptivo de Tineo, concello do que é Cronista Oficial desde marzo de 1993. Foi corresponsal de La Nueva España e da revista Occidente, colaborador da Gran Enciclopedia Asturiana e autor de obras como: Tineo: recuerdo de una región (1968), El monasterio de Obona (1981), Tineo, villa y concejo (1982), Tineo y Obona en la ruta jacobea (1991), La ruta de los monasterios (1992), Pastos de altura en occidente (1985), Nuestros templos parroquiales (1993), Cultivos tradicionales e industrias rurales en el occidente asturiano (1998), Crónicas de Tineo (1999), etc. |