Buscar na web

audiovisuais tenda

canela

Detalle de Navegador

DVD Cocedura tradicional do barro en Buño

DVD Cocedura tradicional do barro en Buño

Pincha para ampliar a imaxe [+]

PVP:   9.00 €  (18 % IVE incluido)

Engadir ao carriño

Dispoñibilidade: entrega inmediata

descarga | ver ficha técnica


Gastos de envío incluidos ao mercar calquera outro produto desta tenda

 

 

A transformación tradicional do barro cru en barro cocido explicada con detalle en galego, castelán e inglés.



Cocedura tradicional do barro en Buño é un vídeo documental, de contido etnográfico, no que se ofrecen as claves que axudan a entender como se realizaba antigamente a derradeira fase da produción oleira. Nela, transformábase o barro cru en barro cocido e vidrado, obtendo como resultado as pezas utilitarias que a sociedade tradicional demandaba. A cocedura, que viña durando dúas xornadas, facíase nun forno exterior de leña e tiro vertical e contaba coa participación de varios xornaleiros especializados que axudaban á familia do oleiro en todo o proceso.

As imaxes graváronse en Alta Definición nas instalacións do Ecomuseo do Forno do Forte (Buño, A Coruña), os días 15 e 16 de agosto de 2008, coincidindo coa celebración da XXV Mostra da Olería.


En caso de dúbida, chamar ao teléfono 652 825 557 ou enviar un correo a contacto@editorialcanela.com 


Canela Producións       Canela Producións  |   Datos de contacto  |  Privacidade

UDEControl

Esta web cumple las reglas XHTML 1.0 Transitional del W3C Esta web cumple las reglas CSS2.0 del W3C