artesanía tenda
canela
Debuxada José Luis Bermúdez
|
Navalla
con folla de punta vuelta en aceiro ao carbono e mango debuxado e queimado, elaborada a
mao segundo as técnicas tradicionais creadas e conservadas polos
navalleiros de Taramundi.
A navalla de Taramundi caracterízase polo seu deseño funcional, o tamaño, o seu mango de madeira, a calidade dos seus compoñentes e o bo corte, obtido como resultado dun esmerado afiado a man en moas de auga.
Ficha Obxecto: navalla Marcas: A envolta por 15 puntos formando un óvalo e marca en seco na culata co selo: MANUEL BERMUDEZ Artesán: José Luis Bermúdez Revordela Lugar de produción: Riodelouro (Taramundi) Ano de produción: 2009 Materiais: folla de aceiro ao carbono; argola de ferro doce; mango de uz autóctona; verniz e recheo do cruzadillo de goma-laca; pintado con anilina de cor vermella; eixo de aramio aceirado Técnica: tradicional. Folla forxada a man e trempada en auga. Mango debuxado con cruzadillo queimado e vernizado á man. Argola estampada con pispunte e moldeada a man. Afiado á man en moa de auga Medidas: folla de 80 mm; aberta 180 mm; pechada 100 mm Peso: 40 gr PVP: 18,96 € máis IVE (18%) Gastos de envío: 5,20 € máis IVE (18%). GRATIS comprando esta navalla e algún dos libros da tenda Prazo de entrega: 24 horas no lugar indicado polo cliente
A navalla envíase protexida e envolta en papel de seda dentro dunha caixiña de cartón ríxido
Máis información sobre tipoloxías e fabricación de navallas en: La labranza y transformación artesanal del hierro en Taramundi y los Oscos. Siglos XVI-XXI. Aportación a su conocimiento
|