Buscar na web

canela

canela

Detalle de Navegador

 

 

 

 OFERTAS

 

 

 

BENVIDO á páxina web de Canela Producións editorial etnográfica, unha empresa editorial, audiovisual e de servizos, de recente creación, centrada no estudo da cultura popular e a súa divulgación.


Consideramos que o patrimonio histórico e cultural é un legado de grande valor que hai que difundir. Por iso, traballamos sobre diferentes aspectos das ciencias sociais (antropoloxía, etnografía, socioloxía, lingüística, etc.) potenciando a investigación, para que as persoas interesadas nestes temas poidan ter nas súas mans documentos fidedignos que lles aporten novos datos de interese no eido da arte e as tradicións populares, publicados en edicións de calidade, coidadas e respetuosas, tanto co autor como co lector.


Esta divulgación realizámola a través das nosas marcas especializadas: Editorial Canela, dedicada á publicación de textos en formato libro, e Canela Producións, a sección audiovisual, onde teñen cabida a produción e realización de documentais, reportaxes e documentos sonoros, así como servizos de asesoramento cultural para exposicións, museos, etc.


Como complemento, dispoñemos dunha tenda na que ofrecemos directamente as nosas producións, ademais doutras publicacións e obxectos relacionados coas tradicións populares e cos traballos que levamos a cabo.

 


 

tenda canela
 

 

                        


 
 

Canela Producións       Canela Producións  |   Datos de contacto  |  Privacidade

UDEControl

Esta web cumple las reglas XHTML 1.0 Transitional del W3C Esta web cumple las reglas CSS2.0 del W3C