Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

    noticiascanela

    Publicado NELA DE BRES

    24/03/2012

    EditorialCanela

     

     

    Editorial Canela publica o primeiro tomo da colección "Tradición Oral", serie "Música" 

     

    O gaiteiro Manuel Enríquez "Nela" é o protagonista, e fío condutor, dun libro-CD sobre a música tradicional ao longo da segunda metade do século XX no concello asturiano de Taramundi.

     

    Con 200 páxina e titulado: Manuel Enríquez Fernández, "Nela de Bres", o libro conta con textos de Pablo Quintana, Juanjo Fernández, Xerardo F. Santomé, Xosé Ambás, Luis Prego y Xabier Díaz, ademais de 125 fotografías de Vicente Ansola, Florencio Rodríguez, Edelmiro Fernández, Xosé Ambás, Eduardo Rivo, Juanjo Arrojo ou Pablo Quintana.

    Na gravación participaron numerosos amigos que comparten as xuntanzas musicais, nas que interpretan música de tradición oral con instrumentos populares. Tamén colaboraron César Fernández (trompa), Hilario Lombardía (armónica), Branca Villares (pandeira e voz) e Pablo Pintor (clarinete), xunto con outros músicos de idades comprendidas entre os 12 e os 85 anos.

    O CD, con 24 temas, inclúe sete inéditos que se mantiveron prácticamente descoñecidos ata agora.

     

    Nela ©Florencio Rodriguez

    Nela interpreta con sentimento un tema na feira da Santana

    (A Garganta, Vilanova de Oscos, 2009

    Fotografía de Florencio Rodríguez

     

     

    Notas na prensa

     

     

     

     

    Etiquetas del contenido

    noticias