Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

    noticiascanela

    Canela Producións

      

    CANELA PRODUCIÓNS - EDITORIAL CANELA

     

     

    Canela Producións editorial etnográfica é unha empresa editorial, audiovisual e de servizos, centrada no estudo da cultura popular e a súa divulgación.

     

    Consideramos que o patrimonio histórico e cultural é un legado de grande valor que hai que difundir. Por iso, traballamos sobre diferentes aspectos das ciencias sociais (antropoloxía, etnografía, socioloxía, lingüística, etc.) potenciando a investigación, para que as persoas interesadas nestes temas poidan ter nas súas mans documentos fidedignos que lles aporten novos datos de interese no eido da arte e as tradicións populares, publicados en edicións de calidade, coidadas e respetuosas, tanto co autor como co lector.


    Esta divulgación realizámola a través das nosas marcas especializadas: Editorial Canela, dedicada á publicación de textos en formato libro, e Canela Producións, a sección audiovisual, onde teñen cabida a produción e realización de documentais, reportaxes e documentos sonoros, así como servizos de asesoramento cultural para exposicións, museos, etc.


    Como complemento, dispoñemos dunha tenda na que ofrecemos directamente as nosas producións, ademais doutras publicacións e obxectos relacionados coas tradicións populares e cos traballos que levamos a cabo. 

     

    tenda canela

     

     

     

                      


    Etiquetas del contenido

    noticias