Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

    autores canela

    Editorial Canela - CARPINTERO ARIAS, Pablo - Editorial Canela

    CARPINTERO ARIAS, Pablo

    (Castro de Carballedo, 1969)

     

    Pablo Carpintero Arias é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe o Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música. Entre 2006 e 2010 traballou no proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia e desde 2010 é consultor da UNESCO, sendo unha das persoas que evaluou a in-clusión das candidaturas nas listas de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade entre 2010 e 2013.

    É coautor das publicacións Catálogo de Músicos da Limia e Os Sons da Limia e ten editados varios capítulos de libros dedicados ao Patrimonio Cultural Inmaterial, así como numerosos artigos en revistas especilizadas, sendo a súa publicación máis destacada, Os instrumentos musicais na tradición Galega, que en 2009 recibíu o premio Antón Losada Diéguez 2009 na modalidade de investigación e ensaio. O seu traballo de investigación sobre a requinta da Ulla, unha frauta traveseira tradicional, valeulle tamén o premio Marqués de Lozoya do Ministerio de Cultura en 2013. En 2015 colabora con Editorial Canela na publicación do libro: Desiderio Sampayo Rico, Siderio de Vilarmide.

    Pablo Carpintero é gaiteiro desde hai máis de 35 anos sendo, ademais, construtor de gaitas, requintas e percusión tradicional galega, dedicándose especialmente á reprodución de instrumentos musicais antigos. Ten realizado traballo de campo sobre a gaita de fol e a música tradicional en xeral por toda Galicia, Asturias, Zamora, O Bierzo e en todo Portugal.

    É membro da comisión permanente do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega e dirixe dous grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Ten editados once traballos discográficos e colabora semanal-mente nos programas Luar e Lume na Palleira da RTVG, realizando seccións dedicadas á música de tradición galego-portuguesa.

    Etiquetas del contenido

    autores