Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

    libros canela

    Manuel Enríquez Fernández, Nela de Bres

    AA.VV.

     índice e textos | fotos | audio | comprar

     

    Obra colectiva que xira arredor da figura do gaiteiro Nela de Bres, na que participaron un importante número de persoas. Contén interesantes datos sobre a música de tradición oral conservada e interpretada por este músico popular do concello asturiano de Taramundi, a súa biografía, repertorio e técnica, así como as biografías das súas fontes e dos intérpretes que o acompañaron na gravación do CD de regalo que se inclúe, con 24 temas, algúns deles inéditos ata o momento.

    A segunda parte da obra é un álbum fotográfico dividido en tres apartados. O primeiro é unha serie de fotografías realizadas en exclusiva para esta ocasión polo fotógrafo cántabro Vicente Ansola, recente ganador do premio Hasselblad Masters 2012. O segundo está formado por diversas imaxes de Nela en diferentes situacións e acompañado de numerosos músicos amigos. O último bloque contén varias imaxes tomadas durante a gravación do CD.

    Conta con textos de Pablo Quintana, Juanjo Fernández, Xerardo F. Santomé, Xosé Ambás, Luis Prego e Xabier Díaz, ademais de 125 fotografías de Vicente Ansola, Florencio Rodríguez, Edelmiro Fernández, Xosé Ambás, Eduardo Rivo, Juanjo Arrojo ou Jacobo Quintana.

     

    NOTICIAS RELACIONADAS        

     

    FICHA: 

    Título: Manuel Enríquez Fernández, Nela de Bres 

    Autores:  QUINTANA LÓPEZ, Pablo; FERNÁNDEZ, Juanjo; ANSOLA TRUEBA, Vicente; RODRÍGUEZ, Florencio et al.

    Edita: Editorial Canela

    Editor: Quintana, Pablo

    Formato: 170 x 240 x 14 mm

    Nº de páxinas: 200

    Ilustracións: 125 fotografías en cor e en branco e negro

    Encadernación: Rústica con lapelas

    Contido extra: 1 CD de audio de regalo

    Peso: 450 g

    Língua de publicación: Galego e castelán

    Deseño e maquetación: área-norte

    Imprenta: Lugami Artes Gráficas (Betanzos)

    Data de edición: Marzo de 2012

    Edición: 1ª, 1ª impresión

    ISBN: 978-84-615-5910-7

    Depósito Legal: C 24-2012

    Espazo xeográfico: Taramundi, A Fonsagrada, A Pontenova

    PVP: 20 € (IVE incluído)

    Distribución para Galicia: Consorcio Editorial Galego

     

     

     

     

     

    Etiquetas del contenido

    libros | listado