Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

    libros canela

    Desiderio Sampayo Rico, Siderio de Vilarmide

    01/06/2015

    AA.VV.

     

    Desiderio Sampayo

    índice | fotos | audio | comprar       

     

    Desiderio Sampayo Rico, coñecido por Siderio do Mazo antes de cambiar a residencia para Vilarmide, no concello da Pontenova, naceu en novembro de 1931 na Casa de Antón do lugar do Mazo, parroquia de Santiago de Acevo, que por aqueles tempos pertencía ao municipio da Fonsagrada e actualmente ao de Ribeira de Piquín, todos eles na parte oriental da provincia de Lugo.

    O libro contén interesantes datos sobre a música de tradición oral conservada e interpretada por este músico popular, a súa biografía, repertorio e técnica, así como das súas fontes, dos artesáns construtores dos instrumentos que tocou, as dos outros dous gaiteiros que o acompañaron na gravación do CD: Constante de Valiña e Modesto de Murias, un completo estudo da música de gaita na zona, das reunións e encontros festivos nas que participaban os gaiteiros e do repertorio incluído na gravación, realizada en vivo no adro da igrexa de Vilarmide durante o mes de agosto de 2014.

    Resultado dun amplo traballo de campo, conta con textos de Pablo Quintana, Daniel Carballo, Pablo Carpintero ou Luis Correa O Caruncho, e contén un álbum fotográfico con 27 imaxes (entre elas a da portada) realizadas polo premiado fotógrafo cántabro Vicente Ansola, ademais doutras 54 feitas polos autores e as procedentes de arquivos fotográficos históricos, como os de Walter Ebeling, Foto Manuel, Edelmiro Méndez, Museo Comarcal da Fonsagrada, ou dos familiares de Desiderio, Constante, Modesto e outros particulares.

    Un CD de regalo, no que se inclúen 21 temas tradicionais inéditos ata o momento, completa esta interesante obra.

     

     

    NOTICIAS RELACIONADAS

     

    FICHA: 

    Título: Desiderio Sampayo Rico. Siderio de Vilarmide

    Autor: QUINTANA LÓPEZ, PabloCARBALLO PENELAS, DanielCARPINTERO ARIAS, PabloCORREA, Luis o CarunchoANSOLA TRUEBA, Vicente

    Edita: Editorial Canela

    Editor: Quintana, Pablo

    Formato: 170 x 240 x 13,5 mm

    Nº de páxinas: 184

    Ilustracións: 81 fotografías a cor e branco e negro

    Encadernación: Rústica con lapelas

    Contido extra: 1 CD de audio de agasallo

    Peso: 450 g

    Lingua de publicación: Galego

    Gravación e edición audio: Pablo Barreiro

    Deseño e maquetación: Florencia Cornille e Carlos Riera         

    Imprenta: Lugami Artes Gráficas (Betanzos)

    Data de edición: Maio de 2015

    Edición: 1ª, 1ª impresión

    ISBN: 978-84-606-7403-0

    Depósito Legal: C 437-2015

    Espazo xeográfico: A Fonsagrada, A Pontenova, Ribeira de Piquín

    PVP: 25 € (IVE incluído) 

     

     

     

     

    Etiquetas del contenido

    libros | listado