Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

    libros canela

    Aldeas sen voz

    25/04/2016

    Vicente Ansola

     

     

    Aldeas sen voz

     fotos  | comprar         

     

    TIRADA LIMITADA DE 1.000 EXEMPLARES

     

    Os pobos das néboas é unha amplo espazo xeográfico que cubre, aproximadamente, as dúas terceiras partes do concello lucense da Pontenova. Dentro del existe un triángulo máxico que, ao igual que ao resto da zona, Vicente Ansola denominou como Triángulo dos Trasnos. Aquí, en todo este territorio, desenvolve a historia que conta ALDEAS SEN VOZ, un libro de fotografía, enriquecido coa poesía e a narrativa.

    Paisaxes oníricas, retratos cheos de forza, guiños á pintura con verdadeiros cadros fotográficos que lembran estilos e obra de Johannes Vermeer ou Antonio López, a Piet Mondrian, a Paul Klee, ou ao propio Vincent van Gogh, que a mirada áxil do lector observador pode detectar rapidamente. E homenaxes ao "Rural Art", como o define o propio Vicente Ansola.

    Imaxes nas que se representa o abandono do rural e o deterioro de aldeas que, outrora, foron xerme de vida, convivencia e subsistencia. Imaxes que tentan concienciarnos da necesidade urxente da conservación e recuperación destes lugares, tanto no aspecto arquitectónico como no social e de servizos.

    Unha obra con mensaxe na que participaron 18 poetas de toda Galicia que forman parte do colectivo "A Porta Verde do Sétimo Andar": Paco Souto, Rochi Nóvoa, Xosé Iglesias, María José Fernández López, Iolanda R. Aldrei, Jose Estévez, Miguel Ángel Alonso Diz, Patricia Sánchez, Miguel Alonso, Marta Pedrosa Agra, Rosa Enríquez, Xosé Manuel Abeledo, Alfonso Láuzara, Pili Mera, María N. Soutelo, Ramiro Vidal e Manolo Pipas, ademáis de Loli Beloso, Alberto Calvín Corredoira e Belén Rico Prieto, o director de cine Pepe Jordana, Francisco Martín Medrano, Pablo Quintana, Xulia Marqués... e todos os veciños da contorna.

      

      

    NOTICIAS RELACIONADAS

      

    FICHA: 

    Título: Aldeas sen voz

    Autor: ANSOLA TRUEBA, Vicente

    Edita: Editorial Canela

    Colección: Imaxes dun País

    Editor: Quintana, Pablo

    Formato: 230 x 300 mm

    Nº de páxinas: 156

    Ilustracións: 139 fotografías a cor e branco e negro

    Textos: 21 poemas e 9 relatos

    Encadernación: Tapa dura acabado en verniz UVI e melocotón

    Peso: 1.260 g

    Lingua de publicación: Galego e castelán

    Deseño:  Vicente Ansola

    Maquetación e impresión:  Tórculo imprenta y comunicación            

    Primeira edición: Marzo de 2016

    ISBN: 978-84-608-3704-6

    Depósito Legal: C 361-2016

    Espazo xeográfico: A Pontenova e A Fonsagrada (Lugo), A Veiga e Taramundi (Asturias)

    PVP: 35 € (IVE incluído) 

     

    Etiquetas del contenido

    libros | listado