Ramón Area
índice | puntos de venta | comprar
"Nos hospitais psiquiátricos a luz semella mudar, con insistencia, ao gris. Son lugares que foxen das estacións, burbullas dun tempo detido onde as miradas e os corpos ancoran, sen desexo, á terra firme. Gris é tamén o laranxa plástico das paredes ou dos corredores cos seus fósiles de cinza. No fondo o gris é puro silencio, sempre palpable aínda para os visitantes ocasionais que cruzan os muros erguidos entre a institución e o mundo.
Sen embargo, cada certo tempo aparece unha historia que, de súpeto, bota a camiñar. E, con ela, un personaxe que trae movemento a este mundo petrificado. Pode amosar a aparencia dun rebelde, un comediante, un gaioleiro, un xenio que desbota o diagnóstico e insiste en ser recoñecido polo seu nome. Neses intres onde historia e personaxe coinciden, mesmo o ínfimo da vida, o cotián e a rutina, énchense de sentido.
Tempo de pedra é unha novela escrita por un psiquiatra. Comeza cun feito real, o descubrimento dunha lápida no cemiterio de Conxo cunha misteriosa inscrición en alemán e viaxa rumbo á reconstrución da vida do finado. Transita por un presente de ficción onde doentes e médicos son tan só personaxes dun libro. E retorna dende o silencio da pedra para amosar que os secretos dunha historia soterrada hai un século poden mudar a vida de quen o descobre.
Este é o relato de quen, na procura, sempre atopa voces e verbas dignas de ser escoitadas".
Carlos Martínez Uzal
Coordinador Asociación Itínera Voluntarios en Saúde Mental
NOTICIAS RELACIONADAS:
Presentación en Conxo o 18 de decembro de 2015 ás 19:00 h.
Entrevista a Ramón Area en "La Voz de Galicia", 18 de decembro de 2015
Presentación na Galería Sargadelos de Lugo o 21 de decembro de 2015 ás 20:00 h.
Presentación no Liceo de Ourense o martes 29 de decembro de 2015 ás 20:00 h.
Columna en "La Región", 28 de febreiro de 2016
Entrevista en letraenobras.com, 29 de febreiro de 2016
Ficha:
Título: Tempo de pedra
Autor: AREA CARRACEDO, Ramón
Revisión lingüística: Mª Josefa Fernández Fernández
Edita: Editorial Canela
Editor: Quintana, Pablo
Formato: 130 x 210 mm
Nº de páxinas: 272
Ilustracións: Portada
Encadernación: Rústica con lapelas
Peso: 334 g
Lingua de publicación: Galego
Deseño y maquetación: Florencia Cornille e Carlos Riera
Imprenta: Lugami Artes Gráficas (Betanzos)
Data de edición: Decembro de 2015
Edición: 1ª, 1ª impresión
ISBN: 978-84-608-4348-1
Depósito Legal: C 2203-2015
Espazo xeográfico: Europa e América
PVP: 15€ (IVA incluído)