Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

    Canelacanela

    Antón Corral. A alborada dun soño

    16/11/2016

    Fina Fernández

      fotos  | mercar          

     

     TIRADA LIMITADA DE 1.000 EXEMPLARES

     

    Publicado como tomo extra dentro da colección "Tradición oral-música", Antón Corral. A alborada dun soño é un relato biográfico que dá conta da traxectoria vital e profesional dun personaxe verdadeiramente significativo para a cultura musical tradicional galega.

    O libro describe dende un punto de vista profundamente humano as etapas da súa vida partindo, dende o mesmo nacemento, pasando pola infancia, a etapa de xuventude e facendo un estudo exhaustivo do percorrido profesional, tanto do Antón músico como do Antón artesán e divulgador, ata a actualidade.

    Durante o desenvolvemento de cada un dos capítulos nos que está estruturado o relato vaise deixando transpirar un sentimento latexante que semella poder apalparse, no decorrer das súas páxinas, e acada o clímax no colofón de imaxes fotográficas de Vicente Ansola.

    Como complemento, a obra leva dous CD de agasallo cos 26 temas gravados en Lisboa o ano 1987 polo grupo didáctico da Universidade Popular de Vigo, que formaban parte do álbum Instrumentos musicais populares galegos, ademais dunha versión inédita e orixinal para septimino de gaitas gardada por Antón Corral no seu arquivo.

     

    ANTÓN CORRAL

     

    INSTRUMENTOS MUSICAIS POPULARES GALEGOS (pdf)

     

    NOTICIAS RELACIONADAS

     

     

    FICHA: 

    Título: Antón Corral. A alborada dun soño

    Autor: FERNÁNDEZ, Fina

    Edita: Editorial Canela

    Colección: Tradición oral-música

    Editor: Quintana, Pablo

    Formato: 227 x 240 mm

    Nº de páxinas: 420

    Ilustracións: 180 fotografías a cor e branco e negro

    Contido extra: 2 CD de regalo

    Encadernación: Rústica con lapela

    Peso: 1.658 g

    Lingua de publicación: Galego

    Montaxe de audio: Pablo Barreiro

    Impresión: Lugami Artes Gráficas. Betanzos          

    Data de edición: Novembro de 2016

    Edición:

    ISBN: 978-84-608-6785-2

    Depósito Legal: C 869-2016

    PVP:  34 € (IVE incluído) 

     

    Etiquetas del contenido

    libros