Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

    Canelacanela

    A Idade do Ferro

    01/11/2018

    José M. Salgado

     

     

    MERCAR          

     

     TIRADA LIMITADA DE 1.000 EXEMPLARES

     

    Incluído na colección “Imaxes dun País”, o presente foto ensaio dá a coñecer a singular cultura do ferro que aínda se conserva no noroeste peninsular dentro do espazo xeográfico comprendido, aproximadamente, polas Reservas da Biosfera: “Terras do Miño”, “Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá” e “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, situadas dacabalo entre a provincia de Lugo e o occidente de Asturias. 

    Esta cultura, que conta con moitos séculos de antigüidade, encárnase aínda hoxe nas decenas de homes e mulleres fotografados, un colectivo humano único en Europa e que agora sae á luz grazas ao traballo realizado por José M. Salgado durante case un lustro.

    Un traballo documental que percorre os espazos e visita ás persoas, no que ofrece un retrato espido do estado actual dun modo de vida, ligado ao mundo agrario e preindustrial que busca, a duras penas, sobrevivir.

    O libro contén, ademáis, unha presentación do autor e tres amplas introducións escritas por Luis Celeiro Álvarez (xornalista), Clodio González Pérez (Investigador e membro do Museo do Pobo Galego) e Juaco López Álvarez (Director do Muséu del Pueblu d´Asturies) 

     

     

    FICHA: 

    Título: A Idade do Ferro. Unha tradición entre Galicia e Asturias

    Autor: SALGADO. José M.

    Textos: José M. Salgado, Luis Celeiro, Clodio González e Juaco López

    Edita: Editorial Canela

    Colección: Imaxes dun País

    Editor: Quintana, Pablo

    Formato: 230 x 225 mm

    Nº de páxinas: 264

    Ilustracións: 181 fotografías a cor

    Contido extra: 2 marcapáxinas. Os 200 primeiros exemplares impresos (que só se poden mercar na tenda web Canela ou nas presentacións) están numerados e asinados polo autor e van acompañados por unha reprodución da fotografía da portada, a tamaño 2 x 15 cm, tamén numerada e asinada.

    Encadernación: Rústica con lapela

    Peso: 1.658 g

    Lingua de publicación: Galego, castellano, english

    Revisión galego: Fina Fernández

    Tradución inglés: Veneatra Paynther

    Impresión: ALVA, Galicia          

    Data de edición: Novembro de 2018

    Edición: 

    ISBN: 978-84-09-03835-0    

    Depósito Legal: C 1225-2018

    PVP:  35 € (IVE incluído)