Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

    Autorescanela

    Editorial Canela - ROXÍOS, Quique - Editorial Canela

    ROXÍOS, Quique

    29/03/2018

    (Roxíos, 1964)

     

    Enrique González Álvarez naceu en Roxíos, Boal (Asturias) no ano 1964. Licenciado en Dereito, comenzou de ben novo a defender a fala galega del Eo-Navia.

    Colaborou coa revista Ámbitu de Uviéu e coel "Suplemento Cultural" de La Voz de Asturias. Tamén participou no suplemento literario "O Espello" da revista A Freita, onde publicou el poemario Teño dolo da túa risa, e na colección Castelo das Letras coel libro de contos Debaxo de nabis, sapis. Ten publicadas algúas ponencias e artigos en diversos medios dixitais e de papel, ademais de desenvolver un traballo de divulgación a través del blogue Espazo de Quique de Roxíos e del dominio www.gallego-asturiano.com.

    En 1994, por motivos de traballo, emigrou de Asturias. Como funcionario de xusticia desempeñou destinos en Baleares, Cataluña, Cantabria e Euskadi. Actualmente reside en Donostia.

    Ganou el I Concurso de poesía Miguel G. Teijeiro, de As Figueiras, e el XVII Certame de Poesía "Andoriña Voandeira", convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, coa obra Personaxe desconocido, el primeiro dos tres poemarios que compoin este libro.