Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

    autores canela

    Editorial Canela - QUINTANA LÓPEZ, Pablo - Editorial Canela

    QUINTANA LÓPEZ, Pablo

    (Vilanova de Oscos, 1956)

    Pablo Quintana López naceu no concello asturiano de Vilanova de Oscos en 1956. Desde 1982 reside na Coruña.

    Divulgador polifacético e estudioso da cultura popular desde a súa mocidade, o seu campo de acción abarca principalmente Galicia e a zona occidental de Asturias, en cuxos territorios realizou importantes investigacións sobre o patrimonio material e inmaterial.

    Actualmente traballa en varios proxectos e é autor de La labranza y transformación artesanal del hierro en Taramundi y los Oscos. Siglo XVI-XXI. Aportación a su conocimiento (Asociación Cultural Os Castros, 2005), un rigoroso e completo traballo de dous tomos, no que estuda todo o relacionado coa produción artesanal de obxectos de ferro e aceiro nos concellos asturianos de Os Oscos e Taramundi. En 2015, por encargo de aCentral folque, publicou o libro Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte, unha ampla biografía sobre este divulgador e construtor de instrumentos monfortino, dicípulo de Faustino Santalices.

    Como editor, coordinou a publicación do libro Informe sobre los Oscos, de Julio A. Fernández Lamuño e José Antonio Álvarez Castrillón (Canela, 2008), Os foxos do lobo. A caza do lobo na cultura popular  (Canela, 2010), Antón Corral. A alborada dun soño (Canela, 2016) e Manuel Enríquez Fernández, Nela de Bres (Canela, 2012), no que ademáis é autor dalgúns textos, así como en: Tejeduría tradicional en Galicia. El telar y la técnica (Canela, 2012), Desiderio Sampayo Rico, Siderio de Vilarmide (Canela, 2015) ou Aldeas sen voz (Canela, 2016).

    Anteriormente publicou varios traballos en diversos medios escritos. No suplemento dominical do diario La Voz de Galicia: “Riofrío, la Danza de Reis al borde del recuerdo” (7-2-1982), “La regueifa, folklore vivo gallego” (28-2-1982), “Los zoqueiros de Villalba ya no tienen a quien calzar” (28-3-1982), “Vilanova dos Infantes. Donde los hombres bailaban vestidos de mujer” (30-1-1983), “Eidos, la Galicia de la danza” (17-4-1983), “Dos artesanos de Santiago reproducirán en madera los instrumentos del Pórtico de la Gloria” (18-6-1983). Na revista do Casino de A Toxa: “Viaje por los Instrumentos musicales de Galicia” (1983). En 1984 y 1985 escribe numerosos artigos sobre música e instrumentos populares no suplemento “Cataventos” do diario El Ideal Gallego. Por encargo da Consejería de Cultura da Comunidade de Madrid, participa en publicacións colectivas con estudos, no ámbito galego, sobre tradicións populares:  “Danzas gremiales y procesionales”, en Tradición y Danza en España (1993); “Semana Santa en Galicia”, en Rito, música y escena en Semana Santa (1994); “La celebración del Corpus y algunas singularidades”, en El Corpus. Rito, música y escena (2001).

    Por encargo da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), publicou recentemente o artigo "Achegas ao coñecemento da zanfoña e os cegos na música popular", no Anuario de Antropoloxía e Historia de Galicia "Fol de Veleno" nº 4, de 2014.

    Ademais de difundir as súas investigacións sobre papel, tamén o fixo en disco e CD. Coordinou a serie etnográfica Recolleita (“Ruada”, 1981) na que se publicou un disco que contiña as grabacións realizadas ao cego cantor de coplas Florencio da Fontaneira e á pandeireteira Eva Castiñeira. Ao ano seguinte gravou o seu propio LP baixo o título de O cego andante (“Ruada”, 1982) no que, desde unha visión folk e acompañado por varios músicos, interpretou diversos temas procedentes da música tradicional galega, gran parte dos cales foran recollidos por el mesmo.

    Entre 1972 e 1985, ofreceu numerosos recitales de música folk por Galicia, España, varios países europeos e Norteamérica, co grupo de músicos que lle acompañaban, colaborando con “Muxicas” nos discos: O demo fungón (1988) e Naturalmente (1998), onde interpretou, co acordeón, o tema “esparaván” e puxo a voz en “era de nogal”, respectivamente.

    No campo audiovisual, dirixiu e guionizou, entre 1982 e 1983, a grabación dunha serie de documentales sobre danzas procesionales e bailes, en video industrial Umatic, así como outros dous documentales para a produtora “Espello Video-Cine”, subvencionados pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia: Tocar pechado na gaita (1984) e Bombos e bombeiros (1988). En 1998, por encargo de “RDC producións” e para a iniciativa europea ADAPT, escribiu o guión dos documentales: Alfarería de Gundivós, Alfarería de Niñodaguia e Platería e azabachería en Compostela. En 2010 dirixe o documental Cocedura tradicional do barro en Buño, do que, ademáis, é coguionista.

    Tamén divulgou as súas investigación na radio, comezando en Radio 80 o ano 1983 cunha colaboración sobre música popular no programa Domingo Plácido, que se emitía para toda Galicia. Ese mesmo ano, e nos dous seguintes (1983, 1984 e 1985), presentou e dirixiu varios programas para a difusión da música tradicional e os instrumentos populares en Radio Nacional de España, a través das súas emisoras de Radio 1, Radio 2 e Radio 4. Na emisora de Galicia, cun programa dominical chamado Garmalleira, primeiro, e Hoxe domingo, posteriormente. Á vez, colaborou no programa Nuestra cultura popular que dirixía e presentaba Cristina Argenta en Radio 2, e noutros programas do mesmo contido en Radio 1 dentro da serie Nuestro cantar. Ademais realizou, por encargo de RNE, programas de intercambio coa Unión Europea de Radiodifusión (UER) para emisoras como Radio Francia, a Radio de Polonia, Radio Praga e algunhas radios alemás, colaborando tamén co musicólogo checo Karel Lachout nas súas investigacións sobre folklore musical.

     

     

     

     

    Etiquetas del contenido

    autores