Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies cerrar

    libros canela

    Eliseo Parra. Nunca perseguí la gloria

    10/09/2017

    Rafael Alba

      fotos  | mercar          

      

    Non o dubiden. Se Eliseo Parra tivese nacido en Alabama, calquera afeccionado español á música coñecería a súa biografía, a súa vida profesional e as súas cancións. 

    Pero Eliseo é natural de Sardón de Duero, un pobo de Valladolid. Converteuse en músico profesional en Barcelona e gravou a súa Tribus hispanas (o disco fundamental do folk español nos últimos anos do milenio) en Madrid. Talvez por iso, a figura de Eliseo Parra non acadou a relevancia que merece. Con todo, o tempo colocará a este excepcional artista no lugar que lle corresponde.

    Eliseo investigou a música tradicional ibérica, rescatou ritmos e instrumentos e revitalizou o legado popular para asegurar a súa viabilidade futura. Un traballo coidadoso e enérxico, tan relevante como o que fixeron noutras latitudes bandas veneradas como Led Zeppelin, que inxectou electricidade aos vellos blues. Ademais, Eliseo foi testemuña privilexiada, e protagonista, dos principais movementos artísticos procreados nas últimas cinco décadas. 

    Desde os primeiros conxuntos xurdidos tras o contaxio do fenómeno beatle á explosión do rock layetano, pasando pola eclosión dos cantautores, o reinado da salsa, a modernidade impostada da década dos oitenta e a explosión das músicas do mundo.

    Unha historia de honestidade, paixón musical e acontecementos compartidos que tiña que ser contada.

     

     

     

    FICHA: 

    Título: Eliseo Parra. Nunca perseguí la gloria

    Autor: ALBA, Rafael

    Edita: Editorial Canela

    Colección: de raíz

    Editor: Quintana, Pablo

    Formato: 160 x 240 mm

    Nº de páxinas: 368

    Ilustracións: Con fotografías a cor e branco e negro

    Contido extra: 1 CD de regalo

    Encadernación: Rústica con lapela

    Peso: 746 g

    Lingua de publicación: Castellano

    Montaxe de audio: Estudios Bruar

    Impresión: Galicia           

    Data de edición: Setembro de 2017

    Edición: 

    ISBN: 978-84-697-4837-4

    Depósito Legal: C 640-2017

    PVP:  22 € (IVE incluído)